PR521A - Axudas ás entidades sen ánimo de lucro, para difusión e formación en materia da sociedade da información

Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, e se procede á súa convocatoria para 2010 (procedemento administrativo PR521A). (DOG nº123, do 30 de Xuño de 2010)

•  Órgano concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnológica. Presidencia. Xunta de Galicia.

•  Crédito orzamentario: 1.000.000,00 €.

•  Aplicación orzamentaria: 40.70.571A.781.0 - Achegas a institucións sen fins de lucro para proxectos da Sociedade da Información.

•  Resolución de concesión: 12 de Novembro de 2010.

•  Data publicación da concesión no DOG: 19 de Novembro de 2010.

•  Contía concedida: 3.612,50 €

•  Título do Proxecto: Promoción e difusión do turismo rural a través da web 2.0.

•  Resumo do proxecto subvencionado: O proxecto "Promoción e difusión do turismo rural a través da web 2.0." basouse na realización de cursos de formación TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) entre os socios da asociación de propietarios de aloxamentos de turismo rural, AGARIMO, que contribuíran á difusión das novas tecnoloxías, e a o aproveitamento óptimo dos recursos que ofertan, e que promoveran a súa incorporación aos últimos avances tecnolóxicos mediante o emprego de redes dixitais. De esta forma búscouse dotar aos profesionais do sector de novos coñecementos e ferramentas que puideran ser oportunamente aproveitadas en beneficio dos seus negocios de aloxamento rural, e do propio funcionamento da Asociación. Fundamentalmente, pretendeuse formar aos socios de AGARIMO na procura de novas estratexias que lle permitiran chegar de forma máis efectiva ao cliente, empregando os recursos que ofrece a web 2.0., así como obter e compartir información útil para o desenvolvemento da súa actividade. Neste sentido, unha das actuacións máis innovadora, práctica e que presentaba unha elevada potencialidade foi a formación específica no manexo das redes sociais, como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, etc.

Descarga el resumen del proyecto

Proxecto Cofinanciado:

 

 

REGRESAR A LA CENTRAL DE RESERVAS

sitemap