QUINTA DO RAMO
Lugar do Ramo, 5 (Forcadela).
36730 - Tomiño - PONTEVEDRA
Central de Reservas:
Tlfs.(+34) 986-644-631/986-661-429

Teléfono Móbil: 663 141 888
Fax.(+34) 986-644-681
centro@agarimo.com


QUINTA DO RAMO

“Quinta do Ramo” atópase na parroquia de Forcadela no concello de Tomiño, é unha casa que data de mediados do século XIX e foi rehabilitada no ano 2003 conservando con todo o mimo os materiais da súa época (madeira, pedra, pizarra...) Ofrece un aloxamento confortable e acolledor sen descoidar as comodidades dunha vivenda actual. Os seus 20.000 m2 de finca e viñedos, con arboredos centenarias, as súas flores y os seus aromas farannos sentir parte da natureza.
A súa situación privilexiada polo importante contido histórico, gastronómico e cultural da zoa e polo seu singular beleza có río Miño como telón de fondo

A casa disoñe de 6 habitacións dobres e pola súa distribución dous de elas pódense utilizar como habitacións cuádruples, sala de estar, comedor, terrazas e restaurante onde poderán saborear a gastronomía da zona do Baixo Miño.
O seu entorno facilita a práctica de deportes o aire libre, con senderismo, rafting, pesca fluvial, equitación, parapente, remo e rutas culturais e paixasisticas como o conxunto histórico e monumental de Tui, o Parque Natural do Monte Aloia, as rutas do Románico en Tomiño, os moliños recuperados do Rosal “Muiños do Folón”, os yacementos celtas do Monte de Santa Tecla na Garda e non podemos deixar de mencionar a cidade amullarada de Valença do Miño en Portugal a cal dedica o interior da súa fortaleza o comercio popular.